O Bono Consolida ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social de Galicia ca finalidade de arranxar a grave perturbación que na economía galega provocou o gromo da COVID-19 a través de liñas de axudas que, con especial incidencia na transformación dixital, melloren a súa actividade económica, incrementen a súa competitividade e, en definitiva, manteñan empregos de calidade.

 

Liñas de axuda do bono consolida economía social:

 

O afianzamento de entidades de economía social levarase a cabo mediante tres liñas de axudas que inciden na transformación dixital das empresas para favorece-lo incremento da súa competitividade.

 

a) Liña 1. Transformación dixital da entidade.

Esta liña comprende as subvencións orientadas os siguintes conceptos:

a.1) Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio e/ou de optimización da producción.

a.2) Equipamento informático.

a.3) Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.

 

b) Liña 2. Profesionalización e desenvolvemento estratéxico co apoio de servizos externos especializados.

Esta liña ten que implicar novos métodos de organización, melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo. Comprende subvencións para a contratación dos seguintes servizos externos:

b.1) Investigacións de mercado e análise de potencial competitivo.

b.2) Plan de marketing, de comunicación ou de relanzamento comercial.

b.3) Plan de futuro e de mellora do negocio.

b.4) Plan de mellora da xestión financieira.

b.5) Plan de integración empresarial ou de actuación conxunta.

b.6) Análise de cumprimiento normativo e riscos legais.

b.7) Obtención de certificacións de calidade.

b.8) Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.

 

c) Liña 3: Mellora da competitividade empresarial a través de investimentos comúns.

Esta liña comprende as subvencións para os investimentos consistentes en:

c.1) Adquisición de equipamento.

c.2) Reforma do local do negocio.

c.3) Mobiliario.

Os servizos descritos na liña a.1), así como os contidos nas liñas b.2) a b.7), inclúen tanto a fase de estudo e planificación como a de implantación na empresa dos plans correspondentes, incluida a formación e entrenamento para a súa efectiva posta en práctica, sempre que se execute durante o período subvencionable.

A axuda para a contratación dos servizos sinalados na letra a.1) é incompatible coa sinalada na letra b.3).

Os investimentos e gastos sinalados neste artigo poderán ser compartidos entre varias entidades solicitantes que desenvolvan un proxecto conxunto, facéndoo constar así na solicitude.

 

A quién vai dirixido o bono consolida economía social?

Poderanse acoller as sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego previstas no artigo 6 da Ley 6/2016, de 4 de maio, da economía social de Galicia.

Requerimentos:

Ditas sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego deberán reunir os siguintes requerimentos:

a) Figurar inscritas como tal nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter presentado as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda a súa forma xurídica. No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobado o balance e conta de resultados pola súa asamblea xeral.

c) Acreditar unha antigüidade de 42 meses na data de solicitude.

d) Ter a capacidade administrativa, financieira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

e) Estar ó corrente do pago das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

f) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

Non poderán obter a condición de beneficiarias:

a) As entidades nas que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Ley 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As entidades que estén excluidas do acceso ós beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ó establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Ley de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto.

– Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas as empresas en crise a 31 de decembro de 2019, sen perxuicio da posibilidade de conceder axudas ás microempresas e pequenas empresas que estiveran en crise o 31 de decembro de 2019, sempre e cando non se atopen inmersas nun procedemento concursal nin recibiran unha axuda de salvamento ou de reestructuración.

 

Cuantía das axudas:

A cuantía da axuda será equivalente ó 80 % do custe total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:

10.000 € para os gastos incluidos na liña 1 (transformación dixital).

5.000 € para os gastos incluidos na liña 2 (profesionalización e desenvolvemento  estratéxico).

5.000 € para os gastos incluidos na liña 3 (invesrtimentos comúns).

O límite máximo das axudas establécese en 20.000 € por cada solicitante. No caso de superarse esta cuantía na solicitude priorizaranse os gastos presentados seguindo a orde das liñas establecido no artigo precedente (primeiro os da liña 1, en segundo lugar os de la liña 2 e, por último, os da liña 3).

 

Prazo de presentación do bono consolida economía social

19/08/2021 – 30/09/2021

1. O prazo de presentación de solicitudes comenzará a partir do día seguinte o da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro do 2021, excepto que se produza o suposto de esgotamento do crédito 2.

2. No suposto de que antes de finaliza-lo prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará o inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.

 

+ información

Consentimiento

Recibido! Grazas por suscribirte ;)

Abrir chat
1
Hola, ¿en qué podemos ayudarte?