Fieito.com

Tenda en liña cunha amplia oferta de produtos ecolóxicos, sostibles e de Comercio Xusto.

Unha tenda online multimarca.

Ética e sostible.

Deseño web responsive

Deseñamos unha tenda en liña en WordPress con Woocommerce adaptada a tódolos dispositivos e con multitude de funcionalidades como captación de suscriptores, envío de cupóns automáticos ou gastos de envío escalables, entre outras.

O estilo é amable e elegante. Ademais, está dotada dunha sinxela e intuitiva navegación, ideal para localiza-los numerosos produtos, perfectamente categorizados.

Responsive multi Fieito
SEO Fieito portátil

Posicionamento SEO

Realizamos estudos de palabras clave obxectivo e monitorizamo-los resultados a través de ferramentas SEO.

Optimizamos contidos como textos e imaxes para favorece-lo posicionamento orgánico, así coma os títulos de produto para aumenta-la tasa de interacción.

Estruturamos as URLs para facilita-la indexación dos robots de búsqueda.

 

Campañas de publicidade

Deseñamos estratexias publicitarias en medios dixitais para potencia-la imaxe de marca, conseguir tráfico cualificado e conversións a venda.

O plan de medios dixital contempla campañas en Google Search, Shopping, Display e publicidade en redes sociais, tanto en campañas xenéricas como sectoriais, estacionais ou para promoción de produtos específicos.

Unha correcta etiquetaxe web permítenos analizar e mellora-los resultados, rentabilizando a inversión en marketing online.

Publicidad de Fieito en medios digitales

Dimos vida a unha tenda en liña limpa, elegante e con identidade

En qué podemos axudarte?

Aceptacion

6 + 3 =

Consentimiento

Recibido! Grazas por suscribirte ;)

Abrir chat
1
Hola, ¿en qué podemos ayudarte?