Xoguete.com
One page con e-commerce multi-idioma para a venda dun xoguete artesanal e ecolóxico.
Todo nunha potente páxina.
Atractiva e funcional.
Deseño web responsive multi-idioma
Orixinal deseño one-page multi-idioma: galego, portugués, inglés e español.
Conta cunha imaxe gráfica potente favorecendo a lectura para describi-lo produto e dirixindo ó usuario á compra. O carriño é flotante e despregable.
Trátase dun e-commerce realizado en WordPress que se adapta perfectamente a cualquera dispositivo.
Campañas de publicidade
Elaboramos unha estratexia de medios dixitais centrada en campañas gráficas e de vídeo pre-roll en medios e YouTube, co obxectivo de crear notoriedade e imaxe de marca.
De igual modo, a estratexia contempla o uso de publicidade en buscadores e redes sociais para incentiva-las chamadas e a venda directa.
A analítica dixital é parte fundamental para o funcionamento da estratexia e nos permite facer un seguemento óptimo das conversións multi-canal, multi-idioma e multi-dispositivo.
Creamos un website con forte imaxe de marca enfocado á venda